-
24-08-2009
Rosa Aneiros, Marcos Calveiro e Paula Carballeira captan en instantáneas verbais os espazos urbanos e humanos de Santiago de Compostela.
-
21-08-2009
A mostra “Memoria suxerida” bota unha ollada a través dos fondos do CGAC á relación actual entre a arte e o libro
-
07-04-2009
A Asociación de Editores presentou un informe relativo a 2007 que amosa o crecemento na facturación e a leve diminución na edición. Propón, ao tempo, mudar o sistema de préstamo no libro escolar.
-
10-03-2009
A publicación da correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares e da tradución das memorias desta lembran a historia da familia, nun éxodo que os levou da Coruña a París.
-
06-02-2009
Cultura destinará 9,6 millóns de euros para á promoción do libro e a lectura este ano. Realizarase unha campaña no transporte público.
-
05-02-2009
Son datos do "Barómetro de hábitos de lectura" de 2008 que se han completar cos dun estudo sobre hábitos de lectura e compra de libros específico para Galicia encargado polo Consello Asesor do Libro.
-
03-02-2009
A través das súas modalidades de Creación e Animación, o programa Letras Vivas promoveu en 2008 máis de trescentas actividades de dinamización por toda a rede de lectura do país.
-
12-01-2009
Fernández Paz, Murado e Xosé Cobas son os autores dos libros que a Asociación Galega de Editores escolleu como o maís salientábel do ano 2008. Recoñeceuse ademais a tradución da “Lolita” de Nabokov realizada por Xesús Fraga e o álbum “PAlAbrAs brAncAs” de Elvira Riveiro.
-
17-11-2008
Explicar os pasos fundamentais para crear e manter un club de lectura é o obxectivo desta guía, realizada a partir das experiencias de Pontevedra e Compostela.
-
29-09-2008
Comezan os actos de Cultura para esta conmemoración cunha xornada sobre terminoloxía.
-
03-07-2008
Opina Manuel González, coordinador da festa, aludindo a unha das actividades deste ano (5 de xullo), os xogos de roda de Montserrat Rivera, compoñente do grupo Leilía.
-
24-06-2008
Espazo Lectura organizou en Gondomar unha noite na biblioteca na que ficaron a durmir, rodeados de contos, 26 cativos.
-
12-03-2008
No centenario do nacemento da filósofa clave do feminismo do pasado século, presentouse a tradución do primeiro volume da súa obra máis recoñecida, O segundo sexo.
-
20-12-2007
Galicia é país convidado de honra na Feira internacional do libro da Habana. É a primeira vez que a cultura galega desempeña un papel protagonista na escena internacional da industria editorial e faino en Cuba.
-
25-10-2007
A web Praza das Letras quere agrupar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura. Procura ser a parte visíbel dunha estratexia no mundo real para potenciar, mediante a difusión de contidos, a industria editorial de noso.
-
01-10-2007
A metade da poboación galega non le habitualmente. A boa saúde da nosa literatura e o avance do sector editorial seguen sen se corresponder cuns índices de lectura que tamén medran, pero fano a un ritmo aínda moi lento. Galicia segue á cola do Estado e continúa arredada da media europea. É posíbel, así e todo, albiscar indicios de cambio: hoxe existe debate público, vívese un auxe internacional das políticas de fomento, medra o asociacionismo profesional e a cuestión da lectura está presente na axenda dos medios.
-
01-10-2007
A fonte do xuramento, obra de Francisco María de la Iglesia, estreouse o 13 de agosto de 1882 no Liceo Brigantino da Coruña na que foi a primeira representación rexistrada dun "drama escrito en dialeuto gallego".
-
05-05-2007
Nestes últimos anos, apareceron no mercado editorial unha serie de traducións e mais de recuperacións de textos de autoría feminina, así como biografías ou libros de memorias, ben formando parte dunha colección, ben como volumes inseridos en colección xerais de narrativa. Textos clásicos do pensamento feminista ou narrativa escrita por mulleres doutras linguas e lugares, tanto contemporánea coma histórica, foron acadando visibilidade en Sotelo Blanco, Xerais, Galaxia e A Nosa Terra.
-
10-04-2007
A Rede de Bibliotecas de Galicia está de estrea. O Servizo de Bibliotecas presenta un novo portal dirixido aos profesionais e aos usuarios do sistema bibliotecario público galego. Este portal nace co desexo de colocar a Rede de Bibliotecas nun espazo visible en internet, e tamén de chegar a ser unha ferramenta cómoda, útil, moderna e indispensable para usuarios e profesionais do mundo da biblioteconomía e da documentación.
-
01-04-2007
A literatura galega moderna, sinalaba hai uns meses a escritora brasileira Nélida Piñon, é unha das escasas no mundo que ten como figura fundacional a unha muller.
-
13-02-2007
A literatura galega contemporánea constrúese tendo como figura fundacional e referente simbólico a Rosalía de Castro, a autora con máis recoñecemento entre nós. Mais acompañouna tamén unha certa esquematización do seu universo creativo que a acouta pola banda da sentimentalidade romántica, do pranto, da escasa formación literaria matizada pola comuñón coa alma do pobo. O presente monográfico quere falar da insuficiencia deses esquemas para a achega a unha escritora de radical contemporaneidade
-
11-02-2007
O terreo, que antes acollía horta familiar, agora é un agradábel xardín de trazos indianos. Da época de Rosalía de Castro apenas sobreviven unha figueira e un loureiro romano. No medio das árbores, unha balconada de laxe rústica anuncia a edificación que a poeta da Follas novas pasou os seus últimos anos de vida. Dende o 15 de xullo de 1971, 86 cabodano da escritora, a Casa da Matanza, en Padrón, funciona como Casa Museo de Rosalía de Castro. Por Daniel Salgado.
-
10-12-2006
O Proxecto-Edición, presentado a finais do 2005 e organizado polo polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), polo Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo e pola Fundación Luís Seoane, pretende acompañar, complementar e incluír unha triloxía de exposicións e actividades anuais pensadas para implementar as potencialidades do sector editorial ampliando a nómina de soportes e formatos atendidos até o de agora: edición dixital, edición de imaxe, de libro de artista.
-
10-12-2006
A Asociación de Tradutores Galegos, baixo a dirección de Xulián Maure, foi a impulsora do proxecto da Biblioteca Virtual da literatura universal que fixo accesíbel na rede e en galego obras dos grandes clásicos da literatura universal: creadores como Allan Poe, Honoré de Balzac, Zola, Stendhal, Hans Christian Andersen, Bierce, Ambrose, Boccacio... Co tempo ampliou a oferta cara ao ámbito científico, fíxose patente a vontade didáctica ao introducir breves recensións sobre autor e obra ligadas aos textos que, ademais de lerse en liña, pódense descargar.
-
10-12-2006
A literatura forma parte da rede e nela a difusión literaria sérvese de documentos textuais, gráficos, sonoros e audiovisuais para dar a coñecer as novidades editoriais, traducións e mesmo encontros e debates sobre o libro. Isto é o que fai desde hai tres anos Lg3 onde, ademais de información varia sobre narrativa, poesía, teatro e ensaio, se ofrece a posibilidade de ler unha recensión ou de escoitar as gravacións dos faladoiros da Sección de Literatura.
-
07-12-2006
A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, realiza unha tarefa de promoción da industria do libro galego coa súa presenza nalgunhas das feiras máis recoñecidas do sector. Xunto coas principais editoriais e distribuidoras galegas, estivo presente na Feira Internacional do Libro Liber, que tivo lugar no Ifema de Madrid do 27 ao 29 de setembro, e na Feira do Libro de Francfurt entre o 4 e o 8 de outubro.
-
06-12-2006
A primeira edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra tivo lugar no ano 1999. Respondía á iniciativa dun grupo de persoas que devecían por un espazo que servise de punto de encontro entre o mundo dos libros e o mundo dos lectores e lectoras máis novos.
-
24-11-2006
O 2007 será un ano decisivo para o libro en Galicia por mor da aprobación da Lei do libro e a lectura. Praza das letras indagou sobre as espectativas e novas perspectivas que abre a lei. O libreiro Xesús Couceiro, o editor e presidente da AGE, Alfonso García, a bibliotecaria María Luz Corral e o escritor Agustín Fernández Paz reflexionan sobre a Lei do noso libro.
-
02-05-2006
Coa chegada e a expansión da rede, o concepto de biblioteca evolúe cara a innovadoras formas de organización do coñecemento. Dixérao Borges antes de existir a arañeira virtual: sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca. Unindo o fío das letras até construír a gran biblioteca que a rede mesma é, lonxe de esmorecer coa aparición das novas tecnoloxías o libro experimenta fondas transformacións e reforza o seu valor en internet.