Manuel Figueiras (Chantada, 1956) é profesor de Lingua e Literatura Galega en secundaria. Estudoso do libro infantil e xuvenil, traduciu ao galego a Alice Vieira. Preside a Asociación FILIX, que organizou a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (a primeira das súas características realizada en España) e os Premios Rañolas. Actualmente, mantén na web a Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil (www.filix.org) que, a modo de catálogo, recolle a produción galega destinada a estas idades e é presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), integrada no IBBY.