Certame que premia álbums ilustrados: libros nos que o relato se conta a través de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.
As obras poden ser presentadas en calquera das linguas da península ibérica, e deberán ser orixinais e inéditas. Poden participar unha ou varias persoas de calquera nacionalidade. Os proxectos poden presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, cunha extensión máxima de 40 páxinas interiores.
Convoca:
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa editorial Kalandraka.
Normas de presentación:
Débense presentar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas e unha maqueta de todo o proxecto. As obras presentaranse con lema ou pseudónimo. Os datos persoais achegaranse nun sobre pechado.
Lugar de presentación:
‘III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado’
Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela
rúa do Presidente Salvador Allende núm. 4,
15705 Santiago de Compostela
Prazo de presentación:
Ata o 26 de febreiro de 2010.
Premio:
12.000 euros.
Fallo:
Farase público o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.